|
distribución:
achégate
información das
obras e da compañía
asiste
a
algunha das nosas funciones
coñece
as nosas
estreas
"Drácula", "Jiñol",
"Manolito Camaleón"
e "Nadarín" foron
producidas en convenio con:

|
presentación
| sinopse
| ficha artística | técnica
| fotos
nadarín

Nadarín, un pequeno peixe de papel, consegue escapar da destrución e adentrarse no mar, converténdose ao intre nun peixe de
verdade. A partir deste momento comeza para él unha aventura emocionante nun mundo novo e descoñecido. 
Está só, pero é un grande observador e isto benefíciao á hora de aprender a sobrevivir e relacionarse.
Na súa viaxe atoparase con todo tipo de criaturas mariñas: pequenos
peixes, centolas, ostras, cabaliños de mar, baleas... Coñecerá entón a
amizade, e a través dela o divertimento, a aventura e o risco. Tamén saberá que é o medo cando,
xogando, Nadarín e o seu Amigo provocan a aparición do Peixe Enorme, que coa súa forza destrutiva é capaz de separar e dividir aos pequenos peixes para
devoral os. A vida no mar perde entón o seu equilibrio e prodúcese o
caos. Así non se pode vivir.
Nadarín terá que ser valente e tomar a iniciativa. Un inesperado encontro coa balea daralle a solución e aprenderá que a solidariedade é clave para vivir en
sociedade.

Trompicallo
info@trompicallo.com
|