espectáculos   

 

 

         

 

 

distribución:

Mercedes G. Castro
Divina Pastora 10
15702 - Santiago
Tlf./Fax: 981 592 232
Móbil: 679 449 970
emedous@terra.es

 

 

 

achégate  información das obras e da compañía

 

 

asiste a algunha das nosas funciones

 

 

coñece as nosas 
estreas

 

 

"Drácula", "Jiñol",
"Manolito Camaleón" 
e "Nadarín" foron
 producidas en convenio con:

IGAEM (Xunta de Galicia)

presentación | sinopse | ficha artística | técnica | fotos   manoladas  

 

Cando iniciamos o proceso de montaxe desta obra atopamonos con certas dificultades técnicas á hora de pola en escena. O títere debía ter unha capacidade prensil que lle permitise apañar e manipular os distintos obxectos (trucos) que forman o eixo da obra e sobre o que se creaban as relacións entre os dous personaxes (Manolito e o seu can) e o publico. Ademais pretendíamos eliminar a palabra, que o títere non tivese voz, para traballar co xesto e as súas formas de expresión, xa que non renunciábamos a que o títere tivese unha relación directa co publico até o ponto de facer que este participase dunha forma activa no espectáculo.

Estes inconvenientes converteron-se en vantaxes cando, despois de vários meses de investigación no taller, chegamos á criación dunha nova forma de manipulación de títeres que cumplía todos os requerimentos que nós necesitábamos para realizar o espectáculo. Esta descoberta foi un títere manipulado por dúas persoas que permanecen invisíbeis ao público. Unha delas utiliza as súas próprias mans como se fosen as do títere; con iso o títere pode coller calquera obxecto e manipulá-lo ao seu antollo ao mesmo tempo que utiliza as súas mans de forma expresiva: sinala, debuxa, toca, conta, e aproveita as innumerabeis posibilidades que esta parte do corpo nos ofrece. Detrás desta persoa atopa-se outra que manipula a cabeza, dotada de mecanismos que lle permiten acentuar a expresión. Unha dificuldade engadida foi a necesidade de comprenetación dos dous manipuladores, que resolvemos a base de longos ensaios.

O títere, construido en carton e tela, é de tamaño natural e consta únicamente dunha cabeza e duas mans que traballan sobre cámara negra. Delante del ten un mostrador, de 90 cm.de altura, que utiliza para meter e quitar os distintos obxectos que utiliza durante o espectáculo ao mesmo tempo que oculta a metade inferior do seu corpo. O outro títere que lle acompaña na obra é un can que el mesmo crea ao princípio da obra e que non é outra cousa que a sua propia perruca, a que lle engadimos unha boca e os ollos; non fixo falta máis. Este títere é manipulado por unha terceira persoa que esta oculta detrás do mostrador e que é a encarregada de meter a música e os distintos efectos que se fan en directo.

Trompicallo
info@trompicallo.com