espectáculos   

 

 

         

 

 

distribución:

Mercedes G. Castro
Divina Pastora 10
15702 - Santiago
Tlf./Fax: 981 592 232
Móbil: 679 449 970
emedous@terra.es

 

 

 

achégate  información das obras e da compañía

 

 

asiste a algunha das nosas funciones

 

 

coñece as nosas 
estreas

 

 

"Drácula", "Jiñol",
"Manolito Camaleón" 
e "Nadarín" foron
 producidas en convenio con:

IGAEM (Xunta de Galicia)

presentación | sinopse | ficha artística | técnica | fotos   manoladas  

 

Manolito, un títere de cartón e trapo, quere ser un grande mago e sorprender ao público cos seus grandes trucos. Para iso necesita, ademais da axuda do publico, o do seu inseparabel can, que fará as veces de "partener".

Pero, ás veces , as cousas non son tan sinxelas como semellan.

Manolito introduce un pano azul dentro dunha bolsa. Agora coa sua variña máxica dará un pase e ¡¡¡TACHAAAAAN!!! converterá-o en amarelo. Pero cando introduce a sua man na bolsa para quitar o pañuelo o que quita é ...é ...pero    ¿¿¿¿¿que é isto?????  ¿¿¿¿¿e isto?????   ¿¿¿¿¿e isto outro?????   ONDE ESTA O PANO AMARELO?...Ejem, ejem ...continuemos.

Para o próximo truco necesitará a axuda dun espectador. Manolito enche un vaso de leite que verte sobre o neno pero ...converteu-se en papeliño!. Agora semella que todo vai ben.A través dun funil que lle trae o can volta a facer pasar outro vaso de leite que, agora si, vai converter en caramelos para repartir co rapaz participante. Coloca o vaso na cabeza de neno, un pase máxico e ...xa está ...NON PODE SER. A auga desapareceu e os caramelos non están. Que pasará????¿¿Onde estará o leite?? De pronto, de un dos dedos do neno comeza a sair o  leite que desaparecera ...Pero ,por que hoxe non lle sai nengun truco?...Terá o can algo que ver en todo isto????.

A traves do personaxe central, Manolito, vanse acontecendo unha série de trucos de máxia que case nunca saen ben debido á intervención do can que, en vez de colaborar, tenta boicotear o espectáculo ao tempo que busca a complicidade do público. A relación entre estes dous personaxes vai medrando durante a obra e criando situacións cómicas nas que tamén participa o público.

 

Trompicallo
info@trompicallo.com