"Manoladas" é o primeiro
espectáculo da compañía.
Durante meses
traballamos nas distintas
técnicas de manipulación antes de chegar a
Manolito, un títere que moven dúas persoas para facelo máis áxil.
A
través da mímica e da xesticulación comunicase co publico
para mostrarlle os seus máis sorprendentes trucos. Coa colaboración
do seu axudante (un can) introduce un pano vermello nunha bolsa,
uns pases máxicos e ... ¡ejem, ejem! ... As veces o resultado non
é o esperado, máis o espectáculo debe continuar, cambiamos de truco.
Agora
será un rapaz do público o que colabore con Manolito.
¿Sairá
todo ben?
Trompicallo
info@trompicallo.com