Hai catro arquetipos,
catro formas de teatro de títeres clásicas: o títere de luva, o
títere de variña, a marioneta e a sombra chinesa. A técnica que
escollimos para contar esta historia é o títere de luvas, a máis
popular, na que o grotesco é o principio fundamental do seu
carácter, esta cualidade caricaturesca é o motor da súa forza
satírica.
Esta técnica, en apariencia tan sinxela, permite unha
manipulación directa, na que cada estímulo da man
produce
unha resposta do títere que o convirte nun pequeno actor
capaz de emocionarnos e asombrarnos incluso a nos, os seus
manipuladores.
Froitas
e hortalizas foron a inspiración, pola pureza das súas formas,
no intre de deseñar as cabezas. O ollos danlle ao rostro a
característica decisiva para a irradiación da figura.
O Sr. Bulú, por exemplo, é un limón
Unha funda con mangas sumarias, case sempre non maiores cas
mesmas manciñas, configura a luva na que o titiriteiro inserta
a man. A asimetría da man pode mitigarse facendo o traxe máis
simétrico.
O Sr. Bulú, rico empresario, luce traxe de chaqueta en tonos
mostaza.
“É a man
do titiriteiro, con toda a sua complexidade muscular e nerviosa,
a que move o títere e se expresa con el. Toma, si o moves con
certa habilidade e amor, as máis recónditas vibracións do teu
corazón, o múltiple prisma das ideas, a vida mesma.Por isto, a
arte dos títeres é o máis fermoso agasallo cun home pode
ofrecer ás súas mans, que todo o producen e todo o crean.”
Otto Freitas.
Trompicallo
info@trompicallo.com