|
+
13 anos
distribución:

Mercedes G. Castro
Divina Pastora 10
15702 - Santiago
Tlf./Fax: 981 592 232
Móbil: 679 449 970
emedous@terra.es
achégate
información das obras e da compañía
asiste
a algunha das nosas funciones
coñece
as nosas
estreas
"Drácula", "Jiñol",
"Manolito Camaleón"
e "Nadarín" foron
producidas en convenio con:

|
presentación
| sinopse
| ficha artística | técnica
| fotos | prensa
drácula

O xoven Jonathan, mentres espera ao seu amigo
Pistolo,
toma unha "Vampirella"; unhas pastillas alucinoxenas que o introducen nun mundo
escuro e descoñecido: o interior da sua mente. Alí coñece a un estrano
persoaxe chamado Drácula co que sela un pacto, liberá-lo a cambio de que lle permita superar
a sua timidez.
As consecuencias desta alianza levan a Jonathan a desatar o seu instinto de forma brutal e descontrolada. Adquire unha
dobre personalidade que o converte nun ser sen conciencia, guiado polo seu instinto, que o leva até o cuarto de Luci (a mellor amiga da sua
noiva) para
violala salvaxemente até facer que perda a consciéncia. A aparición de Mina, a sua
noiva, devolve a Jonathan ao seu estado de timidez e tenta xustificar o estado traumático no que se atopa
Luci. Tranquiliza a Mina
decindolle que non debe preocuparse , que el coidará de Luci, que ela debe ir buscar un médico.
Pero a saída de Mina fai que Drácula, a sua outra personalidade, volte a aparecer e atacar á
maltreita Luci. O seu sistema interno de defensa trae a Van Helsin, que representa a sua conciencia, para pór freo a esta
tolémia. Van Helsin acusa-o de ter liberado ao vampiro e
obriga a Jonathan a matar a Luci para evitar que a enfermidade do vampiro se
estenda. Jonathan, xa completamente esquizofrénico, deixase
levar polos consello de Van Helsin e chanta unha cruz no corazón de
Luci, que se desploma morta no leito da sua cama.
Nese intre entra Mina e ve a Luci morta. Ao ver os ollos de Jonathan comprende todo. Jonathan está tolo. Drácula volta a aparecer de novo e forza a Mina sobre a cama na que se atopa o corpo de
Luci. Jonathan comeza a escoitar as voces de Drácula, que o incita a violar a Mina, e de Van
Helsin, que tenta evitálo .
Nun intre de lucided Jonathan comprende todo o que lle está a pasar e, co crucifijo co que matara a
Luci, remata ca sua vida mentres lle pide perdón a Mina.
Trompicallo
info@trompicallo.com
|