compañía           

 

   
coñece os nosos espectáculos


"Bolboreta"


"Nadarín"


"Jiñol"


"Manolito Camaleón"

(fóra de cartel)


"Drácula"
(fóra de cartel)


"Manoladas"
(fóra de cartel)

"Drácula", "Jiñol",
"Manolito Camaleón"  e
 "Nadarín" foron producidas
 en convenio co:

   curriculums   historial   

A compañía de títeres Trompicallo inicia a sua andaina no ano 1997 integrada por Marian González, Eva Sanz e Luis González, profesionais do mundo dos títeres que se xuntan co propósito de producir , investigar e difundir a arte dos títeres.
Dende entón levamos realizado varias produccións:
A primeira, "Manoladas", é un espectáculo no que traballamos a comunicación a partir da compenetración entre dous manipuladores e un títere. O resultado, Manolito, é un títere áxil i expresivo, o que lle permite comunicarse co público sen necesidade de falar. 
En "Drácula" recollimos o mito do cinema para, a través del, introducírmonos na alma do protagonista. Esta obra, para adultos, afonda nos sentimentos e nas contradicións do ser humano.
A terceira producción da compañía é "Jiñol", unha historia dinámica e divertida, contada con títeres de luva, na que as distintas situacións da obra xiran entorno ao comportamento que os títeres teñen cun intruso. A evolución do conto desemboca nun inesperado final.
Ao ano seguinte estreamos "Manolito Camaleón". O mesmo persoaxe que tan ben funcionou en "Manoladas" volve dar a cara cun aspecto camaleónico que anuncia as súas novas habilidades para transformarse nos mais diversos persoaxes cunha técnica renovada e perfeccionada.
Con "Nadarín" mergullámonos en augas profundas da man (neste caso aleta) dun pequeno peixe que nos amosa os encantos e perigos da vida submariña. A forza destructiva do Peixe Grande, capaz de separa e dividir aos peixes para devoralos, plantexa un reto de supervivencia para o noso pequeno amigo.

En "Bolboreta" xogamos coa relación entre un rei, a sua filla e un monstro peludo que vive ao final do bosco.

Con estas obra participamos en :

> XIX Fest. Internacional de Títeres de Alicante. (2006)
> VIII Fest. de Títeres Titirimax. Collado-Villalva. (2006)
> Fest. Internacional de Teatro Vitoria-Gasteiz. (2005)
> Fira de Teatre Al Carrer. Tárrega. (2005)
> Festival Int. de Titelles de Gavá. Barcelona. (2005)
> Festival Internacional de Teatro de Teresetes. Palma de Mallorca. (2005)
> Festival Internacional de Títeres de Redondela. (2005)
> Mostra Rialles. Cerdanyola del Valles. Barcelona. (2004)
> Festival Cómico da Maia. Portugal. (2004)
> El Cultural. Títeres. I Festival Internacional de Títeres de Albacete. (2004)
> Festival Int. de Títeres de Zamora. (2004)
> Titirimundi. Segovia. (2004)
> Feria Internacional de Títeres de Sevilla. (2004)
> Fira de Teatre de Títelles de Lleida. (2004)
> Muestra de Teatro del Bajo Deva. Guipúzkoa. (2003)
> Semana Grande de Bilbao. (2003)
> Festival de Teatro de Humor. Araia-Asparrena. (2003)
> F.E.T.E.N. (2003)
> Titirideza. (2002, 2003)
> I Festival Titereando Vitoria-Gasteiz. (2002)
> Mostra de Teatro de Cee. (2002)
> Red de Teatro de Aragón. (2007)
> Red Asturiana de Teatro. (2002)
>
Red de Teatros de Castilla-La Mancha. (2003, 2005, 2007)
> Red de Teatros de la Comunidad de Madrid. (2003, 2005, 2007)
> Red de Teatros de Castilla-León. (2003, 2005, 2007)
> Galicreques. (2002)
> M. I. T. de Rivadabia. (2001, 2003, 2007)
> Feira do Teatro de Galicia. (1999, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007)
> Titiricuenca. (1999)
> Festival Internacional de Santiago de Compostela.(1999, 2000, 2001)
> Festival Internacional de Jeréz de la Frontera. (1998, 2003)

Trompicallo
info@trompicallo.com