espectáculos   

 

 

         

 

 

distribución:

Mercedes G. Castro
Divina Pastora 10
15702 - Santiago
Tlf./Fax: 981 592 232
Móbil: 679 449 970
emedous@terra.es

 

 

 

achégate  información das obras e da compañía

 

 

asiste a algunha das nosas funciones

 

 

coñece as nosas 
estreas

 

 

"Drácula", "Jiñol",
"Manolito Camaleón" 
e "Nadarín" foron
 producidas en convenio con:

IGAEM (Xunta de Galicia)

presentación | sinopse | ficha artística | técnica | fotos   manolito camaleón  

 

A técnica empregada en Manolito Camaleón, é a mesma coa que a compañía comezou a súa andaina, unha técnica mixta entre bunraku e marote. Trátase dun boneco a tamaño natural manipulado por dúas persoas, unha manipula a cabeza (dotada de mecanismos que lle permiten mover os ollos, cellas e boca) e outra  préstalle as súas propias mans, o que lle confire unha grande expresividade que lle permite prescindir da palabra á hora de comunicarse co público, é esta comunicación precisamente a base do espectáculo. Podería definirse como unha obra interactiva, na que os nenos e os adultos, sempre protagonistas, adoptan un papel decisivo no desenvolvemento do espectáculo. A súa compenetración co personaxe e o que acontece produce un fenómeno no público: a súa participación creativa. 
Adoita dicirse que "o pensamento crea o xesto que crea a palabra", o movemento vén pois en primeiro lugar, e no caso de Manolito en primeiro e último lugar. Prescindimos da palabra e a cambio o movemento parte dos pensamentos, os dos manipuladores, que deben crear unha acción sincronizada que se volve máis delicada nos momentos da obra abertos á improvisación. 
Ademais de Manolito Camaleón aparecen no espectáculo outras técnicas de manipulación como o títere de luva no caso do peixe, de variña, na gaivota e a mosca, e bocón xigante no monstruo.

 

Trompicallo
info@trompicallo.com