
Manolito
é un boneco moi especial porque non tén corpo, é só unha cabeza
de cartón e as dúas mans do manipulador enfundadas en luvas.
Manolito, ademais, non fala. Pero con estes recursos tan simples,
Manolito consegue non só chamar a atención dos espectadores desde
o primeiro momento e
facerse entender, senón que
explora as posibilidades que tén un boneco-mimo de chegar ao
corazón do público, de compartir a súa fantasía e o seu
humor.
Manolito
deuse a coñecer en "Manoladas", un espectáculo de maxia
e participación que se paseou por boa parte da xeografía
galega e española. Sen perder esa intención participativa, agora
Manolito volve dar a cara cun aspecto camaleónico que anuncia as súas
novas habilidades para transformarse nos máis diversos personaxes,
e cunha técnica perfeccionada.
Trompicallo
info@trompicallo.com