
Un Rei sae de caza coa súa escopeta ao
lombo e perseguindo a un coello, sen decatarse, afástase demasiado
e achégase a unha zona perigosa, algo terrible espreita nas
sombras, lentamente unha enorme man peluda achégase por detrás, e
o Rei vese atrapado entre as garras dun monstro que o quere papar.
Despoxado da súa coroa e a súa escopeta, o terror apodérase del e
fai un pacto, ofrécelle ao monstro algo máis tenro, máis
apetecible, máis tentador... un neno.
Este é o comezo da divertida historia dun monstro peludo, un Rei
egoísta e unha nena valente, capaz de enfrontarse a todos os
obstáculos para salvar aos seus seres máis queridos.
