espectáculos   

 

 

         

+ 13 años      

 

distribución:

Mercedes G. Castro
Divina Pastora 10
15702 - Santiago
Tlf./Fax: 981 592 232
Móvil: 679 449 970
emedous@terra.es

 

 

bájate  información
de las obras y la compañía

 

  asiste a alguna
de nuestras  funciones

 

conoce nuestros 
proyectos

 

 

espectáculo producido en convenio con:

 

 

IGAEM - Xunta de Galicia

 

 

presentación | sinopsis | ficha artística | técnica | fotos | prensa   drácula  

 

ELCORREOGALLEGO OCORREOGALEGO

 

Paranoia de ton surrealista

Drácula, obra de títeres dirixida pola compañía coruñesa Trompicallo e escrita por Carlos Santiago. Un orixinal atrevemento. Interpretada en Compostela dentro do festival Galicreques. Orixinal, atractiva, cómica, triste. Todo está moi ben encaixado, todo está no seu sitio.
Os elementos únense, confúndense. Hai influencia do cine, dun xeito máxico. Hai unha mirada lúcida e contemporánea, que provoca o riso. Un riso estraño que non chega a ser gargallada porque é un riso cruzado pola dor, polo drama. O texto é intelectual e popular ao mesmo tempo. O texto é paranoia e é canto e é baile.
Hai situacións de medo mesturadas con situacións de sexo. Hai sangue, pois falamos do mito de Drácula, hai sangue que escorrega e produce pracer, porque é un símbolo de vida, animalidade, liberdade. Historia en branco e negro e vermello, mestura de cores e ideas sobre o mundo e o amor.
As palabras corren como nunha borracheira de noite e alcol. As dúas mulleres protagonistas son dúas partes dunha mesma muller. Reflicten o instinto e a moral, partes de todas nós, partes violadas pola sociedade. A personaxe masculina xira ao redor das mulleres. Hai terror e escuridade e medo. E hai verdadeiros momentos de comedia e reflexión.
Os manipuladores dos títeres, que son Marian González, Beatriz Sánchez e Luis González fano realmente ben, conseguen darlles moita vida a uns monecos, fan maxia. Drácula é unha obra vangardista, moderna, actual, revisionista. Darlle a volta a todo é dicir todo doutra maneira.
Profundando no interior do ser humano, para entendernos mellor. Teatro con forza. Cunha parte audiovisual _música, diapositivas..._ que fan que sexa unha obra moi atractiva e moi lúdica e moi sorprendente en todo momento. Que se ve con gusto. O máis interesante, con respecto á reacción que provoca no espectador, paréceme que é que case ris pero non ris, que case choras cando estás rindo, que o riso é alegría e dor ao mesmo tempo. Unha reacción estraña, pois non é comedia pero case o é, e non é drama pero achégase a selo. Pareceme este o elemento máis destacable desta obra, creada con mimo, con moito traballo, con ilusión.
Baseada nun texto magnífico, do grande escritor Carlos Santiago, que escribe atravesando a actualidade e o real para inventar metáforas poderosas, alucinadas, alucinantes.

LUPE GÓMEZ - SANTIAGO

 

Trompicallo
info@trompicallo.com